FERROL360 | Sábado 17 xaneiro 2015 | 13:36
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, visitaron este sábado a Biblioteca Municipal do Alto para distinguir ós Socios de Honra 2014.
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Narón recoñece a cinco usuarios infantís e outros tantos adultos, por ter participado activamente nos servizos e propostas realizados dende a Biblioteca.
Os galardoados nesta ocasión como usuarios infantís (ata 14 anos de idade) son os seguintes rapaces: Agustín González Rodeiro; Gael del Río Gómez; Aroa García Puentes; Carlota Celgar Moro e Claudia Celgar Moro.
Pola súa bando, os usuarios adultos son: Iria Couce Ameneiro; Mónica Aneiros García; Alma Veiga Blanco; Julia Núñez Paredes e Antonio Rivero Iglesias. Eles recibiron un agasallo institucional do Concello e aos usuarios infantís tamén lles entregaron un lote de libros.
A Biblioteca Municipal do Alto conta actualmente con 15.400 socios e ofrece os seguintes servizos: préstamo a domicilio e lectura en sala, información bibliográfica, boletíns de novidades, formación de usuarios, acceso a Internet e actividades de animación á lectura (contacontos, exposicións, cursos, obradoiros…).
