FERROL360 | Mércores 21 xaneiro 2015 | 18:38
O Bloque Nacionalista Galego de Fene critica que o goberno local ten abandonado o mantemento dos pasos de peón sobre a vía do tren. Así, poñen de exemplo os pasos peonís de Barallobre e Perlío, que, segundo indican, se atopan en tal estado de abandono que mesmo poden provocar accidentes.
Nun comunicado, os nacionalistas lembran que no ano 2010 o Concello asinou un convenio co Ministerio de Fomento para arranxar esta problemática, pero cinco anos despois o convenio segue sen estar materializado, denuncian desde o Bloque.
Ante esta situación, o voceiro do BNG, Juventino Trigo, afirma que esixiu en numerosas ocasións o arroxo dos pasos sobre a vía para garantir a seguridade dos peóns, pero «este goberno foi incapaz de dar unha solución definitiva nin foi quen de esixirlle ao Adif uns arranxos imprescindibles».
