FERROL360 | Jueves 29 enero 2015 | 19:23
Enmarcado no programa In Fene, a asociación de veciños de Perlío acollerá este venres una actividade gratuita dirixida aos rapaces dende os 11 aos 14 anos.
Crearán un videoclip pola paz e xogarán de xeito cooperativo, coa conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz coma eixo conductor e o obxectivo de fomentar actitudes non violentas e de respecto nas relacións.
O Concello anima aos rapaces a acudir ao obradoiro para axudar a crear o videoclip ou compoñer algunha canción. Na sesión tamén farán a selección do logo de In Fene, votando pola súa imaxe favorita entre as realizadas na sesión anterior. A elixida incluiráse no próximo carnet do programa que se lles entregará en próximas datas aos participantes.