Publicidad

O Concello de Fene realiza obras de mellora no parque que une o peirao de Barallobre e Maniños

FERROL360 | Luns 2 febreiro 2015 | 18:44

O parque que une o peirao de Barallobre e Maniños sométese nestes días a unhas obras de mellora que rematarán, previsiblemente, ao logo deste mes de febreiro. Ss tarefas consisten na reposición de adoquíns e lousas en mal estado e na reposición da madeira deteriorada no mobiliario urbano, como bancos.

Trátase dunha zona moi concorrida para a estancia, na que se ubica tamén un parque biosaudable. A intención do Concello é subsanar as deficiencias que, o paso do tempo, foi provocando na zona.