Publicidad

Mato resalta o investimento en emprego en Ortigueira, que ascendeu a máis de 300.000 euros o pasado ano

FERROL360 | Luns 9 febreiro 2015 | 18:37

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou este luns o municipio de Ortigueira onde mantivo un encontro coas doce persoas beneficiarias dos contratos de formación dual que está a financiar a Xunta. Os contratos están dirixidos a menores de 30 anos en situación de desemprego e combina un posto de traballo con formación de calidade, que acada o 40 % da xornada laboral.

Mato destacou que o seu departameno ten investido máis de 300.000 euros en diversas liñas de promoción do emprego no municipio durante 2014. De computar as liñas de colaboración nesta materia desde 2009, a cifra total ascende a algo máis de 3 millóns de euros.

A conselleira aproveitou a súa visita a Ortigueira para achegarse ata o novo centro de día da localidade, o primeiro de carácter público que existe no concello, e que está xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Esta instalación comezou a súa actividade a finais de novembro, e xa ten plena ocupación nas súas dez prazas. O Goberno galego inviste 110.000 euros anuais neste centro, que unidos ao mantemento das 50 prazas da Residencia, supoñen un investimento de máis de 1 millón de euros ao ano.

Escolas infantís da comarca

Mato desprazouse tamén a Cedeira, onde anunciou que se reformará e ampliará a escola infantil que a rede autonómica ten no municipio. Grazas a estas obras, porase a disposición das familias do concello 22 novas prazas públicas de 0-3 anos, ao aumentar a oferta actual de 60 a 82 prazas. Está previsto investir nesta reforma un total de 75.000 euros.

Ademais, a conselleira avanzou que a escola de Xuvia, en Narón, integrarase na rede autonómica a Galiña azul no próximo curso e que xa estará incluída na orde de matrícula que se publicará nas próximas semanas, polo que se sumarán 82 novas prazas ás 455 actuais que hai na comarca.

Pola súa banda, programarase ao longo do próximo curso a apertura do novo centro de Fene, de 41 prazas, unha vez remate a súa construción, que comezou o pasado verán.

Mato durante a súa visita ao centro de día de Ortigueira (cedida)
Mato durante a súa visita ao centro de día de Ortigueira (cedida)

san valentín en dolce vita odeon