Publicidad

Entroido, música, degustación gastronómica e Xuntanza de Palilleiras, esta fin de semana en Neda

FERROL360 | Xoves 19 febreiro 2015 | 17:19

Festa por todo o alto en Neda esta fin de semana cunha axenda chea de actividades. Para este venres, está programada unha gran festa de Entroido con música e degustación de cocido. Será a partires das 21:30 horas no pavillón polideportivo municipal de San Isidro.

A entrada será gratuita, pero, iso si, haberá que ir disfrazado e con moitas ganas de troula. O baile contará coa actuación da orquestra Panamá e tamén haberá unha degustación de cocido, tan típico nestas datas.

Mentres, a XI edición da Xuntanza de Palilleiras que organiza a asociación Filigrana terá lugar este domingo no pavillón polideportivo municipal de San Isidro en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

Debido a este evento haberá cambios na circulación. Deste xeito, se establece un sentido único de dirección de subida pola rúa Valle Inclán cara o pavillón e, de baixada, polos Pazos ou Piñeiros. Dende as 9:00 horas ata o remate do evento.

Publicidad

san valentín en dolce vita odeon

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol