FERROL360 | Martes 24 febreiro 2015 | 11:40
A Escola de Tempo Libre Tempus organiza un curso oficial de monitor de actividades de tempo libre en Fene para mediados do mes de marzo. O curso, cuxo título está expedido pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, se desenvolverá na aula de cursos do Concello de Fene.
Os interesados en participar poden inscribirse xa no correo tempusnaron@gmail.com. O grupo mínimo será de 15 persoas e o máximo de 25, as reservas realizaranse por orde de inscrición. O curso consta de dúas fases: a primeira, de 200 horas teórico-prácticas a celebrar sábados e domingos, e a segunda, a realizar unha vez superada a primeira, de 150 horas de prácticas.
Os módulos do curso enfócanse directamente cara aos contidos prácticos: animación, animación deportiva, dramatización, artesanía, aire libre, primeiros auxilios, educación ambiental, psicoloxía, socioloxía e lexislación.
Ademais, cada alumno recibirá o título de manipulador de alimentos. O prezo do curso é de 217 euros, pero as persoas que teñan o carné xove e os veciños de Fene gozarán dun desconto do 10 %, así o prezo queda en 195 euros. Para máis información, podedes chamar aos seguintes teléfonos: 657 926 913 e 616 890 418.

