Publicidad

O BNG de Narón pon en marcha unha iniciativa para recoller ideas dos veciños de cara ás eleccións

FERROL360 | Martes 24 febreiro 2015 | 11:41

O programa do BNG-Asembleas Abertas de Narón contará coa opinión e propostas dos veciños do municipio. O grupo quere que a veciñanza lle faga chegar as deficiencias ou carencias que atopen na súa parroquia ou en Narón en xeral.

Para atender a esas demandas e poder recollelas dentro do programa das eleccións locais do 24 de maio, o BNG pon en marcha na páxina de Facebook de Queremos Narón unha iniciativa para recoller todas esas ideas.

Tamén está dispoñible un enderezo electrónico ao que se poden remitir as propostas: naron@bng-galiza.org. Se non tes Internet ou non te apañas ben coas novas tecnoloxías, pero queres participar, podes facelo chamando ao número de teléfono 607 082 232.

Publicidad

Gala do Deporte Ferrolán

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol