Publicidad

Prazas vacantes nos cursos de informática no rural en Sedes, San Mateo e O Val

FERROL360 | Venres 27 febreiro 2015 | 11:49

Os locais sociais municipais de Castro, Doso, Pedroso, San Xiao, Sedes, San Mateo e O Val acollerán cursos de informática incluídos na programación CeMIT. O Concello de Narón informa que nas parroquias de Sedes, San Mateo e O Val aínda hai prazas dispoñibles.

Nesta nova edición dos cursos ofértanse tres especialidades diferentes, todas elas de carácter gratuíto: iniciación ó Power Point, iniciación ó web mail e informática na nube. Hai dez prazas dispoñibles para cada un e as clases desenvolveranse entre os meses de marzo e abril.

Os interesados poden informarse e inscribirse directamente nos locais sociais de cada parroquia.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol