Publicidad

Este luns arrancan as obras de pavimentación da rúa Eduardo Neira en Fene

FERROL360 | Domingo 8 marzo 2015 | 19:38

As obras de pavimentación da rúa Eduardo Neira en Fene comezan este luns. O Concello investirá preto de 12.000 nesta intervención, que permitirá mellorar o vial, ubicado na parroquia de Perlío. Contémplase o aglomerado en quente e traballos de sinalización horizontal e vertical.

Como consecuencia das obras, a Policía Local de Fene informa de que o luns quedará prohibido estacionar nesta rúa dende as 00.00 horas ata o remate dos traballos.

A Policía Local explica que poderán ser denunciados os vehículos que se atopen estacionados no lugar e retirados polo servizo de guindastre.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol