FERROL360 | Venres 26 setembro 2014 | 17:14
O paseo marítimo de Xuvia acolle este domingo a 72ª Exposición Monográfica do Pastor Alemán ‘Cidade de Narón’, coa participación de 100 exemplares da máxima calidade, procedentes de toda España e Portugal. A actividade está organizada pola delegación galega do Real Club del Perro Pastor Alemán (CEPPA) en colaboración co Concello de Narón.
Haberá seis clases de participación: cachorros de catro a seis meses, cachorros de seis a nove meses, cachorros de nove a doce meses, moi xóvenes -de 12 a 18 meses-, xóvenes -de 18 a 24 meses- e máis de 24 meses.
Tres xuíces de máximo nivel, os alemáns Lothar Quoll e Hans-Peter Fetten e o español Javier Silva, encargaranse de xulgalos e valoralos. A cita terá lugar durante boa parte do domingo, con horario de 09:30 a 17:30 horas. A entrada é libre e inclúe unha homenaxe a José Abad, directivo do CEPPA, recentemente falecido.
Para máis información, pódese consultar a web do Real Club del Perro Pastor Alemán.
