FERROL360 | Venres 17 outubro 2014 | 18:09
Por segundo ano consecutivo o IES Leixa acollerá a fase galega dos GaliciaSkills de Deseño Gráfico, que terán lugar o luns 20 de outubro. Nestes campionatos participan catro estudantes do ciclo superior do IES Leixa, único centro galego que ofértao.
O alumno gañador representará a Galicia no campionato nacional SpainSkills, onde os alumnos do IES ferrolán xa obtiveron senllas medallas de bronce nas dúas convocatorias anteriores, competindo tanto con escolas de artes plásticas como departamentos universitarios.
Estudantes e docentes do ciclo superior de Deseño e produción editorial xa teñen todo listo e prepararon as instalacións que albergarán os campionatos galegos de FP da especialidade de Deseño gráfico na sala de actividades do instituto.
A actividade contará coa presenza do xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana Leira, e representantes da Consellería de Educación.
