Publicidad

O BNG de Neda oponse á posible supresión de paradas do transporte metropolitano

FERROL360 | Mércores 29 outubro 2014 | 15:40

A Asemblea Local do BNG de Neda «oponse rotundamente ás pretensións do goberno municipal de suprimir paradas do transporte metropolitano» porque suporía unha merma da calidade do servizo para os veciños do municipio.

Os nacionalistas explican que esta situación «prodúcese logo de que a veciñanza manifestase a súa preocupación pola supresión de liñas do transporte público que afectarían ao concello de Neda», así como tamén pola supresión dalgunha parada.

Neste senso, desde o BNG queren manifestar publicamente que apostan «por medidas que vaian xustamente na mellora e ampliación do transporte metropolitano».