Publicidad

Este sábado celébranse as XI Xornadas do Proxecto Esmelle

FERROL360 | Venres 7 novembro 2014 | 14:30

O Muíño do Ferreiro acollerá este sábado as XI Xornadas do Proxecto Esmelle, nas que se abordarán temas relacionados co mundo do viño, a explotación sostible das algas mariñas, a polémica avispa asiática e a biodiversidade das Mariñas.

Ás 10:00 horas terá lugar a inauguración das xornadas, que correrá a cargo de Germán Castro, xornalista Esmudiense. Ás 10:30 horas dará comezo a primeira das conferencias, que leva por título «Esmelle, o viñedo de calidade máis septentrional da Península». Marcial Pita, xerente de Bodegas el Paraguas, será o relator.

A segunda charla será ás 11:15 horas e leva por título «Conservas Mar de Ardora: unha iniciativa para a explotación sostible das algas mariñas», que correrá a cargo do biólogo e administrador da empresa Sergio Baamonde López.

Máis tarde, ás 12:15 horas, falarase sobre a vespa velutina, máis coñecida como avispa asiática. O relator será Rafael Díaz, pastor de abellas da Asociación Galega de Apicultura. A última das conferencias é «Catro anos custodiando a biodiversidade das Mariñas», a cargo de Fernando Bandín Monteiro, presidente do Padroado da Fundación Fragas do Mandeo. Será ás 13:00 horas.

Para finalizar as xornadas, celebrarase un xantar ás 14:00 horas. Os interesados en participar deben inscribirse no correo electrónico avv@valledeesmelle.com ou no local social en horario de 17:00 a 21:00 horas e no teléfono 981 365 390.

Xornadas Esmelle