FERROL360 | Viernes 21 noviembre 2014 | 18:11
As Seccións Sindicais de CIG-Industria de Navantia Fene-Ferrol amosaron este venres, nun comunicado de prensa, a súa «solidariedade coas traballadoras e traballadores da Empresa de limpeza Cleanet».
Queren darlle ánimos aos traballadores que levan preto dun mes en folga indefinida, na demanda do pago dos salarios por parte da empresa, que leva a cabo as tarefas de limpeza nas instalacións de Defensa en Ferrol.
Para a CIG, ademais do perxuízo do impago de salarios, teñen que enfrontarse «a unha ilegalidade manifesta por parte dunha Administración, que lonxe de dar exemplo de cumprimento da legalidade, atenta contra un dereito fundamental, como é o dereito de folga, ao obrigar aos mariñeiros a realización das tarefas de limpeza das instalacións».
Para as seccións sindicais resulta «esperpéntico» que una concesionaria que está a cobrar da Administración, non pague os salarios, polo que demandan do Ministerio de Defensa «unha actuación urxente» para reverter a situación ese normalice a súa situación.