FERROL360 | Sábado 22 novembro 2014 | 11:30
Os sindicatos CIG, UGT, CCOO e USTG, baixo o nome de Alianza Social Galega, convocan unha manifestación para este domingo 23 de novembro ás 12:00 horas contra a lei de seguridade cidadán. A marcha sairá da praza de España e rematará na praza de Armas.
Diante do Concello procederase á lectura dun comunicado conxunto dos sindicatos contra unha lei «de marcado carater ideoloxico que se pode definir como a lei de persecución dos movementos cidadans e que atenta contra as libertades», aseguran os convocantes.
Alianza Social Galega fai un chamamento á cidadania para que secunde de xeito masivo esta manifestación.