Publicidad

Ares ofrece unha recepción a La Guagua polo seu éxito nos Premios Broadway World Spain 2014

FERROL360 | Mércores 3 decembro 2014 | 19:30

Despois de recabar os máximos galardóns na categoría de mellor musical infantil e mellor calidade de sonido en directo co musical Que vivan los niños nos Premios Broadway World Spain 2014, a corporación de Ares ofreceu este mércores unha unha recepción institucional a La Guagua.

Os integrantes do grupo que estiveron presentes no acto asinaron no Libro de Ouro e recibiron un agasallo. Asimesmo, agracederon o recoñecemento de Ares e mostraron a súa alegría polos premios acadados, nos que competían con produccións de orzamentos moito maiores e artistas de primeira orde, o que supuxo para eles unha enorme sorpresa.

O alcalde do municipio, Julio Ares, destacou a importancia de recibir un premio tan prestixioso como este, que supón o recoñecemento ao esforzo e traballo realizado. Como non podía ser doutro xeito, resaltou o feito de que os seus creadores sexan da localidade e agradeceulles que «leven o nome de Ares e Ferrol tan lonxe cun proxecto de tan alta calidade».

Os integrantes do grupo visitaron o Concello de Ares (cedida)
Os integrantes do grupo visitaron o Concello de Ares (cedida)