FERROL360 | Mércores 3 decembro 2014 | 20:11
A Deputación da Coruña achegará 109.413 euros ao Concello de Fene para mellorar as instalacións da piscina municipal de Centieiras. Deste xeito, se substituirán os deshumificadores do soto, co que se logrará reducir a humidade e cumprir cos baremos establecidos.
Así mesmo, se reparará o exterior do edificio, actualmente en moi mal estado. Repararase tanto o revestimento das fachadas, de madeira tratada, como a cuberta. Por último, vaise proceder tamén a un cambio na localización do ximnasio, que pasará a estar no primeiro andar, nun espazo reservado para cafetería, pero agora en desuso.
A Deputación asume en solitario o custo de todas estas actuacións a través dun convenio asinado este mércores entre o alcalde e o presidente provincial, Diego Calvo, que destacou a importancia de colaborar con este proxecto para mellorar a calidade de vida dos veciños de Fene.