Publicidad

A campaña Galicia Calidade en ruta recalou este martes en Ferrol

FERROL360 | Martes 16 decembro 2014 | 20:23

A campaña «Galicia Calidade en ruta» desembarcou este martes na praza de España de Ferrol para achegar a profesionais e consumidores a excelencia dos seus produtos gastronómicos a través de demostracións, obradoiros e showcookings.

Galicia Calidade en ruta consiste nun roadshow no interior dun camión adaptado no que desenvólvense dúas accións. A primeira delas, denominada «Esencial», consiste nunha degustación de «bocados de Galicia Calidade», elaborados polo chef Iván Mendez.

A segunda, denominada «De viños Galicia Calidade», consiste nunha maridaxe dos viños amparados por este selo con outros produtos, como os xamóns, embutidos ou queixos, baixo a dirección do sumiller Luis Paadin.

No acto de inauguración, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, defendeu que esta marca é «o mellor pasaporte» das empresas galegas e subliñou que a campaña Galicia Calidade en ruta aposta pola calidade como o mellor xeito de acceder aos mercados máis competitivos e esixentes.

Os presentes puideron desgustar os produtos de Galicia Calidade (cedida)
Os presentes puideron degustar os produtos de Galicia Calidade (cedida)