FERROL360 | Martes 4 marzo 2014 | 18:40
O Concello de Narón é un dos nominados á VI edición dos Premios Ponle Freno, na categoría de Mellor iniciativa de Seguridade Vial, que se fallarán o vindeiro 20 de marzo no Senado, en Madrid. Narón logrou a nominación grazas á campaña continuada de Educación Vial e perigos do alcohol no volante, dirixida a alumnos/as da ESO e Bacharelato.
Esta campaña está desenvolvida polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón, integrado por Pedro Caneiro (Policía Local) e Simón Cabarcos (técnico de INEF), baixo a coordinación da Concellería de Seguridade Vial de Narón. Ademáis da parte teórica, fanse prácticas cun simulador e unha gafas que distorsionan a visión, de xeito similar ó efecto do exceso de alcohol.
Ponle Freno é unha iniciativa de Antena 3, Onda Cero e Europa FM en colaboración coa aseguradora AXA, e trata de mellorar a seguridade vial tanto dos peóns coma dos conductores e pasaxeiros. O premio á Mellor Acción de Seguridade Vial será elexido polos internautas, que poderán votar na páxina web de Ponle Freno.
Esta é a segunda vez que o Concello de Narón opta ó premio Ponle Freno, que xa gañou no ano 2011 na categoría de Ponle Freno Junior.