Publicidad

Narón participa en Equiocio co circuito de educación vial, un stand de turismo e un Xinete de Honra

FERROL360 | Venres 28 marzo 2014 | 18:09

O Concello de Narón reforza a súa colaboración con Equiocio 2014 a través do programa de educación vial Aprende Pedaleando, un stand de turismo e a presenza dun Xinete de Honra, que será o estilista naronés Antonio Calvo. Ademais, o Concello facilitará entradas ós colexios para os estudantes de Primaria.

Así, instalarase un circuito de educación vial no que os nenos aprenden as normas básicas de tráfico mentres pasan un rato divertido. Este circuito contará con varios monitores para dirixir e ensinar ós nenos que queiran participar nel. O programa Aprende Pedaleando recibiu o premio «Ponle Freno 2010» na categoría Júnior.

Asimesmo, o Concello de Narón aproveitará para dar a coñecer o seu patrimonio, as súas tradicions e os seus eventos culturais, deportivos e sociais a través dun stand de turismo. O obxectivo é difundir a riqueza patrimonial e paisaxística deste municipio, que é un gran descoñecido con moito que ofrecer.

Narón contará ademáis en Equiocio 2014 coa presenza do estilista naronés Antonio Calvo, que será nomeado Xinete de Honra do Concello de Narón. Calvo é un profesional recoñecido a nivel nacional, que ten acadado dous premios Fígaro 2013 e está nominado ó premio ó mellor perruqueiro do ano polo Club Fígaro.

As concelleiras de Mocidade e Deportes foron as encargadas de presentar as actividades (foto: Concello de Narón)
As concelleiras de Mocidade e Deportes foron as encargadas de presentar as actividades (foto: Concello de Narón)