FERROL360 | Mércores 16 abril 2014 | 18:21
O Oenach Atlántico de Sedes, en Narón, será a partires de agora Festa de Interese Turístico de Galicia. O Concello naronés recibiu esta mañá unha carta de Eduardo Ramonde, o secretario xeral da Fegamp (Federación Galega de Municipios e provincias), na que se comunicaba a noticia ao goberno local. O Oenach celébrase a última fin de semana de xullo na devandita parroquia.
A comisión de valoración reuniuse o pasado 8 de abril na Axencia de Turismo de Galicia, onde examinaron e valoraron o expediente de solicitude do Concello de Narón. O goberno acordou presentarlla en novembro de 2013 porque entenderon que a festa tiña as condicións: integra diferentes facianas artísticas, económicas, patrimoniais, etnográficas, antropolóxicas, históricas, festivo-comunitarias e de lecer educativo.
O seguinte e derradeiro paso é que este acordo pase polo Consello da Xunta e despois se publique no DOGA (Diario Oficial de Galicia). O Oenach Atlántico de Sedes e unha festa comunitaria que leva celebrándose dende 1999. O próximo xuño cumprirá 16 edicións.
