FERROL360 | Martes 22 abril 2014 | 12:50
As salas de cine Dúplex, ubicadas no barrio ferrolán de Esteiro, estrean un novo ciclo de películas en versión orixinal subtitulada.
Dende o xoves 24 de abril ata o vindeiro 19 de xuño serán proxectadas semanalmente un total de nove películas do director estadounidense Quentin Tarantino.
A primeira delas será Jackie Brown, unha cinta do ano 1997 protagonizada por Pam Grier, que interpreta a unha azafata acusada de traficar con drogas. A policía, para evitar que ingrese en prisión, proponlle que colabore para atopar ao delincuente Ordell.
Samuel L. Jackson, Robert de Niro, Michael Keaton, Bridget Fonda e Robert Forster completan o elenco artístico dun filme baseado na novela de Elmore Leonard Rum Punch.
Pulp Fiction pechará este ciclo de cine, onde tódolos pases son gratuítos e comezarán ás 20:30 horas.
