Publicidad

O pleno da Deputación da luz verde a dous convenios con Ares e A Capela

FERROL360 | Venres 25 abril 2014 | 16:44

A Deputación Provincial da Coruña aprobou no pleno deste venres un convenio co Concello de Ares para a adecuación de locais de ensaio nun edificio sito no lugar de Lubre. Para as obras, a Deputación achegará 33.751,72 euros, o 33,55% do orzamento total.

O pleno tamén deu luz verde á colaboración provincial no acondicionamento interior dos vestiarios e aseos do ximnasio e a piscina municipal da Capela, cun investimento de 71.355,15 euros, a totalidade do investimento para a obra.

Promoción do Camiño Inglés

Tamén aprobouse un convenio coa Asociación Tesouros de Galicia para cofinanciar o programa de bolsas de investigación para que alumnos das universidades da Coruña e Santiago realicen prácticas no deseño de actividades de promoción do Camiño Inglés.

Entran no convenio tanto a planificación do percorrido como a definición das etapas, posibles visitas, contidos e tramos que recorren o territorio británico, así como a posta en marcha de campañas de sensibilización da poboación con iniciativas educativas e de voluntariado.