Publicidad

O BNG amosa o seu apoio á veciñanza do barrio ferrolán de Santa Mariña

FERROL360 | Sábado 3 maio 2014 | 18:55

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol amosa o seu apoio aos veciños e veciñas do barrio ferrolán de Santa Mariña, quen unha vez máis se mobilizaron para protestar polo estado da contorna do paso do tren por esta zona. Esixen ao goberno local que actúe de maneira «urxente» para solucionar os problemas que afectan á veciñanza dos lugares de Loureiro e Casquido e da rúa Cardosas. Din que o estado que presentan as escaleiras e as barandas da pasarela peonil sobre as vías é «deficiente» e piden, entre outras cousas, que se mellore a sinalización viaria e se acometan labores de limpeza e desbroce.

Os nacionalistas alertan da perigosidade en que se atopa o firme da rúa que pasa preto da vía do ferrocarril e propoñen que se execute a prolongación do muro de contención ata a rúa Cardosas.

Instan ao goberno de Rey Varela a que solicite ao Ministerio de Fomento a execución desta obra.