FERROL360 | Sábado | 31 maio 2014 | 19:32
As Pontes volveu ser escenario este sábado dunha multitudinaria homenaxe ao mundo do camión coa celebración da XIV edición da Festa do Camioneiro. O cabildo pontés, a Asociación do Colectivo de Transportistas do Carbón e o Colectivo Transpuerto Ferrol – As Pontes volveron unirse para crear unha xornada de festa onde o mundo do camión foi o eixo central de exposicións, marchas e ata citas gastronómicas.
Dende ben cedo, ducias de camións e grúas congregáronse no barrio da Casilla para protagonizar unha marcha na que non faltaron vehículos vidos non só do propio concello de As Pontes, senón tamén doutros municipios coma Vilalba, Lugo, Xermade ou Ferrol, adicados tanto ao mundo da construcción coma ao do transporte do carbón.
Hormigoneiras, grúas e grandes do transporte en xeral percorreron o Poboado das Veigas, a Avenida de Galicia e da Habana, a rúa Celso Emilio Ferreiro e a Avenida de Vilalba para rematar percorrido na Canle IV onde quedaron estacionados os 150 camións que participaron nesta saída.
A partires de ahí tocaba desfrutar das múltiples actividades deseñadas para o resto da xornada onde non faltaron as exposicións de vehículos antigos coma Mercedes, Seat 600, Minis, Renault Alpine ou Lincolms e tamén mostras de vehículos modernos á venda, tanto en clave de turismo como xa no que respecta ás últimas novidades no mundo do camión, con firmas coma Iveco ou Volvo.
Asemade, como novidade este ano, tamén se incluíu unha exposición de postos de antigüidades que ateigou a avenida da Coruña de moedas antigas, cerámica e obxectos do máis variopintos, coma cámaras fotográficas, máquinas de coser ou elementos decorativos de todos os tipos e épocas. Todo isto grazas ao traballo da concellería de Promoción Económica, Hostalería e Comercio.
Pero a mañá tamén contou cunha cita litúrxica, neste caso na Praza de América, onde se aproveitaba para homenaxear a aqueles camioneiros e membros deste colectivo que, xa non están, pero que pasaron gran parte da súa vida detrás do volante e polas estradas de todo o país. Non podía faltar a música coa actuación dunha orquestra e, por suposto, outro dos momentos clásicos desta festa: un xantar popular no que se deron cita preto de 300 comensais.
Pola tarde, novamente houbo unha segunda roita turística aínda que, desta vez, os grandes pesos pesados da estrada deixaron o seu sitio aos coches clásicos que percorreron tanto as rúas máis céntricas do pobo coma o entorno do lago, aproveitando que tamén, neste espazo e durante a fin de semana se está a desputar o Campionato Galego de Windsurf.
Para pechar a noite nada mellor que desfrutar novamente coa música nunha verbena que fixo as delicias de todos aqueles e aquelas que se animaron a pasar a xornada do sábado en As Pontes.
