FERROL360 | Xoves 5 xuño 2014 | 18:31
A Asociación Costa Noroeste amosa o seu apoio ao sector da madeira ante a baixada de prezos por parte de empresas fabricantes de pasta de papel e que este colectivo considera «inxusta e arbitraria». Dende a entidade lembran que a madeira sempre foi un sector de vital importancia na zona e que esta baixada de prezos afectará sensiblemente ás economías de moitos fogares.
Ante esta situación, Costa Noroeste fai un chamamento ó diálogo a fin de chegar a un entendemento entre as empresas fabricantes de pasta de papel e os produtores de madeira en relación aos prezos e condicións da explotación forestal. Así mesmo, Costa Noroeste pide á administración autonómica que medie para que as partes implicadas abran unha vía de negociación.