REBECA COLLADO | Ferrol | Luns 16 xuño 2014 | 14:05
A iniciativa Rodea o Parlamento que as Marchas da Dignidade organizan para este sábado quere «facer ver que os Parlamentos non están a gobernar para nós», senón que o fan «para os grandes poderes financieiros e económicos, que son en verdade os que están a gobernar e para os que fan as leis», explica Daniel Melcón, membro das Marchas da Dignidade de Ferrolterra.
O acto, que se desenvolverá de forma paralela en todas as Comunidades Autónomas, terá lugar este sábado 21 de xuño e comenzará cunha manifestación ás 12:00 horas desde a estación de tren de Santiago de Compostela. Rodea o Parlamento é unha iniciativa que tratará de simbolizar que «nós como pobo protexemos o Parlamento contra quenes están a gobernar por medio dos políticos, que actúan como títeres», di Daniel Melcón.
Precisamente para chamar a atención sobre o que está a acontecer na sociedade, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra levaron a cabo a rolda de prensa para presentar a iniciativa xunto a uns colectores de lixo porque tanto en Ferrol coma noutras cidades estase a ver que «moitas persoas teñen o seu único sustento na comida que poden atopar nos contenedores», sinalan desde a entidade.
Neste senso laméntanse de que «hai moitas familias que non teñen ningún ingreso» e hoxe podemos ler na prensa que «hai mil nenos que agora que van pechar os comedores escolares non teñen garantida nin sequera unha comida».
Desde Ferrol sairán autobuses para asistir á protesta e desde a organización confían en poder chear dous autocares. Para apuntarse hai que chamar aos teléfonos 655. 544. 422 o 657. 905. 945 ou tamén no correomarchasdadignidadeferrolterra@gmail.com. A saída está programada para as 10:30 horas desde o 10 de marzo, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas. O prezo é de sete euros.