FERROL360 | Domingo 29 xuño 2014 | 16:59
A mellor música dase cita en Neda o vindeiro 5 de xullo coa celebración do XVII Festival da Canción Mariñeira. Un certamen no que participarán a Banda de Gaitas Álvaro Cunqueiro (Lago), a Rondalla e Coral Polifónica O Castro (Miño) e Agrupación Artística Lucero del Alba, organizadora do acto e que presentará o seu novo CD Con todo el corazón.
O Festival comezará ás 20:00 horas nas instalacións do colexio público San Isidro, onde se ubicará a carpa na que se desenvolverán as diferentes actuacións musicais. Despois das mesmas haberá unha mexilonada popular coa ambientación musical de Chevalier.
Desde o Concello invitan a toda a veciñanza de Neda e da comarca para que asistan á vila e desfruten dun certame que, ano tras ano, congrega a centos de persoas amantes da boa música.
