Publicidad

Cedeira inicia as obras de acondicionamento das pistas deportivas contiguas ao pavillón

FERROL360 | Venres 4 xullo 2014 | 20:37

O Concello de Cedeira iniciou a semana pasada as obras de acondicionamento e mellora das pistas ubicadas no complexo deportivo e contiguas ao pavillón polideportivo. Unha intervención que permitirá habilitar dúas canchas para a práctica de tenis e unha terceira para fútbol sala.

A zona afectada estaba dividida en dúas áreas separadas por un bloque dun metro de altura. Unha delas atopábase en desuso e invadida por terra e herba. Así, o Concello iniciou xa as tarefas, que consistirán na limpeza e acondicionamento do solar, demolición e retirada de muro, pavimentos e postes de formmigón, a execución dunha nova pista deportiva e o marcaxe final.

O proxecto estaba inicialmente valorado nuns 60.000 euros, aínda que finalmente a administración local logrou aforrar ese custe ata os 20.000 destinando persoal propio para realizar parte dos traballos e recurrindo á reciclaxe de materiais doutras obras – principalmente escombro tratado procedente da demolición de beirarrúas do cas-co urbano– para realizar, por exemplo, a solera sobre a que se asentará a pista.

En todo caso, o Concello confía en que os traballos estén rematados este mesmo mes. E, namentras, algunhas das clases que se levaban a cabo na pista que estaba operativa ou o seu aluguer se trasladan á pista anexa á estación de autobuses.