FERROL360 | Xoves 10 xullo 2014 | 17:03
Horas e horas de traballo e esforzo deron os seus froitos, convertindo ao culturista naronés Luis Pernas no Mister Universo Absoluto. O deportista gañou os títulos de Mister Universo 2014 na categoría de talla media, e Mister Universo absoluto, no Campionato do Mundo de Culturismo celebrado en Sapri, Italia, a pasada fin de semana.
Neste campionato participaron máis de 300 competidores de diferentes países do mundo, entre eles a Selección Española de Culturismo da que forma parte Luis Pernas. Ademais, o culturista tiña invitación para participar neste evento ó gañar no mes de xuño o Campionato de España.
Luis Pernas pertence e dirixe o clube naronés «Revolution Gym & Natural Sport» de Fitness, Culturismo e Artes Marciais. Un centro onde cada ano se forxan campións tanto na categoría masculina coma feminina.
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ven de felicitar a este deportista por ter chegado ó máis alto nesta competición a nivel mundial. En vindeiros días, o rexedor ofrecerá unha recepción a Luis Pernas na que se lle recoñecerán os seus méritos deportivos.
Ó conseguir dobremente o título de Mister Universo, Luis Pernas convértese nun dos poucos culturistas en acadar tal palmarés no mundo, tal e coma fixo no seu momento o polifacético Arnold Schwarzenegger.
Con esta victoria, logo de 19 anos de adestramento e 15 competindo, Luis Pernas obtén o título de maior prestixo que podería conseguir e ademáis ten invitación directa a competir no Campionato do Mundo a disputar en outubro en Roma.
