FERROL360 | Xoves 10 xullo 2014 | 18:11
Naroneses e visitantes teñen por diante unha fin de semana moi completa. E é que o municipio ten programadas distintas actividades para todos os gustos e idades. Así, o Parque Fluvial do Río Freixeiro acollerá o II Mercado Medieval e o Campo da Festa de Piñeiros festexará o II Encontro de Rondallas e o X Encontro de Bandas de Gaitas «Memorial Lolete».
O Mercado Medieval estará aberto do 11 ó 13 de xullo. A apertura será o venres ás 18:00 horas, e durante o sábado e o domingo o horario será de 11:00 a 14:30 horas e de 18:00 a 23:00 horas, podéndose prorrogar no caso de bo tempo.
Trátase dunha iniciativa lúdica e de ocio dirixida a tódalas idades, pero en especial ós máis pequenos da casa. O Mercado está ambientado na época dos guerreiros medievais, que se pasearán ó longo de toda a feira para amosar cómo era a vida na Idade Media.
Para iso, catro cabaleiros templarios levarán a cabo unha Escola de pequenos cabaleiros na que amosarán ós nenos como loitaban nesa época e as armas que empregaban: mazos, arcos, látigos, espadas e hachas. A actividade terá lugar todos os días ás 13:00 e 20:00 horas.
No Mercado Medieval tamén haberá postos de artesanía con bisutería, artigos a base de cera, e incluso confección textil de traxes; alimentación artesanal; recanto medieval e carrusel para ps pequenos. Ademais, realizaranse representacións da época medieval, con combates entre guerreiros -unha pola mañá, e outras tres na tarde-.
Música a cargo de Rondallas e Bandas de Gaitas
O II Encontro de Rondallas e o X Encontro de Bandas de Gaitas «Memorial Lolete» serán os encargados de poñer a música a esta fin de semana en Narón. Así, no Campo da Festa de Piñeiros se instalarán 300 cadeiras para que os asistentes ós actos estean cómodos.
As celebracións comenzarán o sábado 12 de xullo co Encontro de Rondallas «Cidade de Narón», no que participarán as agrupacións Sonidos del Alba, Trovadores de Ares e Lucero del Alba. Pero antes de que suban ó escenario as rondallas, ás 20:00 horas comezará o acto coa actuación do grupo musical Formación Rosas.
O domingo 13 de xullo, se celebrará o X Encontro de Bandas de Gaitas «Memorial Lolete» baixo a organización da AVV de Piñeiros. Comenzará ás 11:30 horas coa actuación da Banda de Gaitas «Alvaro Cunqueiro» de Lago, despois actuará a Banda de Gaitas «San Vicente de Barrantes» de Tomiño (Pontevedra), e finalmente a Banda de Gaitas «Agarimo» de Catabois.
A continuación, ás 13:30 horas terá lugar a VII Festa do Churrasco, co seguinte menú: mexillóns, churrasco, lisco, chourizo criollo, pan, viño, auga, gaseosa, xeado, café e queimada. O prezo é de 15 euros por persoa, e para finalizar esta festa gastronómica actuará o Dúo Maracuyá.
