FERROL360 | Venres 11 xullo 2014 | 19:30
Bancos modelo Bretaña realizados en madeira e forxa, papeleiras e xardineiras compoñen o novo mobiliario urbano que o Concello de Cedeira instalou na zona centro do municipio. Unha actuación coa que se completan as obras de humanización en diferentes prazas e avenidas da vila.
Grazas a estas intervencións, reforzouse o carácter peonil do centro urbano de Cedeira, gañando terreo ao vehículo para darllo ao peón. Así, ensancháronse beirarrúas, reducindo a zona de paso dos vehículos e reubicando nalgúns casos a zona de aparcamento.
Incorporáronse novas especies arbóreas e renovouse o pavimento. Así mesmo, leváronse a cabo traballos de separación de pluviais na zona centro, obras que se desenvolveron na Praza do Peixe, Praza de Galicia, Avenida de Rosalía, Avenida da Mariña e a Arriba da Ponte.
Nesta liña, o alcalde do municipio, Luis Rubido, anunciou a intención do Concello de avanzar na implantación da Zona 30 no casco urbano. Para iso, este ano destinarase unha partida duns 10.000 euros, que permitirá a instalación de sinalización, indicadores luminosos nocturnos e elementos reductores da velocidade.
