Publicidad

O BNG de Ares coloca cartaces nos que denuncia a situación da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Xoves 7 agosto 2014 | 20:30

O BNG de Ares esixe unha vez máis a execución do proxecto da estrada Ares-Chanteiro. Nesta ocasión, os nacionalistas levaron a cabo unha iniciativa reivindicativa que consistiu en colocar cartaces en todo o tramo do vial, nos que se pode ler o seguinte lema: «Temos dereito! Arranxo da estrada xa!».

Desde o BNG lembran que este proxecto foi aprobado pola Deputación Provincial nunha primeira fase para este ano e que contaba cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Por iso, advirten que no caso de non concretarse as obras cabe a posibilidade de convocar algunha acción mobilizadora para esixir a súa execución.

O voceiro municipal do BNG, Emilio Mesías, afirma que «esta obra resulta prioritaria, porque supón unha importante vía de comunicación, especialmente na tempada do verán». Asimesmo, engade que o vial «presenta uns índices de perigosidade moi elevados, como demostran os múltiples accidentes que se produciron nos últimos meses».

cartaz BNG estrada Ares-Chanteiro