FERROL360 | Mércores 27 agosto 2014 | 13:29
O Ateneo Ferrolán regresa ao cole con múltiples e variadas actividades. Desde unha exposición, pasando por ciclo de cine, teatro e charlas. Así, o vindeiro 2 de setembro inaugúrase a mostra de fotografías de Pablo Prados que se poderá visitar ata o día 30 de setembro.
Ese mesmo día, martes 2 de setembro, arranca o Ciclo de Cine Novos Medos coa proxección do filme Funny Games. Será todos os martes ás 19:30 horas. Completan o programa as seguintes proxección: 9 de setembro – El Incidente; 16 setembro – La Carretera; 23 setembro – Ellos; 30 setembro – 28 días después.
O 4 de setembro terá lugar a X Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, a partires das 19:30 horas. Mentras, o 11 setembro celebrarase o Foro Ferrol ás 19:30 horas. Xa o 18 setembro tócalle o turno á representación teatral con Falando claro, de Pepe Sendón ás 20:30 horas.
O 19 setembro, César Toimil ofrecerá unha charla baixo o título Chernobyl e o 26 setembro terá lugar o Mércores violeta da Área da Muller de EU Ferrol.