Publicidad

B?goas salgadas

JOS? LUIS ALLEGUE | @JLAllegue92 | Ferrol | Martes 7 xaneiro 2014 | 09:29

Fun a verte e me deixaches,
quixen tocarte e non vi?eches,
sentinche e me chamaches,
despisteime e rematou.

Enfadado de verdade,
sen sentido e compaix?n,
chorabas e choraches;
non me chores, por favor.

Sa?n da casa a visitarte,
non hab?a outra ocasi?n;
quixen dicir adeus,
pero non me deches o perd?n.

B?goas salgadas e xigantes,
non ti?a explicaci?n,
e entre apertas e saudades
com?chesme o coraz?n.

Agora xa non te quero,
nin a ti nin a ningu?n;
fun a verte e me comiches,
sen sentido nin explicaci?n.

Por un momento sent?n medo,
meu compa?eiro viuno e o notou;
mir?monos sen apenas tempo
e apagaches o meu coraz?n.

As t?as b?goas non quixeron
o meu sentir ao teu car?n,
as t?as b?goas encharcaron
o meu corpo e o meu amor.

Agora n?s somos noticia
e ti gardas o sentir,
agora ? a nosa familia
a que chora, e non por ti.

Fun a verte e me deixaches,
quixen tocarte e non vi?eches,
sentinche e me chamaches,
despisteime e rematou.

(* Adicado a todas as v?timas da furia do mar)

A costa de Covas nunha tarde de temporal (foto: Jos? Luis Allegue)
A costa de Covas nunha tarde de temporal (foto: Jos? Luis Allegue)