Publicidad

Igrexafeita celebra esta fin de semana a festa do Biscordel

FERROL360 | Venres 13 setembro 2013 | 15:10

Os veciños da parroquia de Igrexafeita en San Sadurniño non vén chegar o día do seu patrón. Teñen xa todo arranxado para celebrar esta fin de semana a festa do Biscordel no campo da festa da Torre.

O sábado pola mañá, a música de Berros do Castro percorrerá a parroquia acompañando a procesión do mediodía. A orquestra Panamá actuará na sesión vermú e tamén na verbena da noite, onde terá como rival musical á Charleston Big Band.

O domingo na sesión vermú, soará a música do grupo Chicas Show, quenes se encargarán ademáis de actuar pola noite para pechar unha edición máis do tradicional Biscordel.

Esta fin de semana Igrexafeita celebrará o seu tradicional patrón do Biscordel (Foto: cedida)
Esta fin de semana Igrexafeita celebrará o seu tradicional patrón do Biscordel (Foto: cedida)