Publicidad

Arrancan as obras de remodelación das escaleiras de acceso á praia de Chanteiro en Ares

FERROL360 | Venres 18 outubro 2013 | 13:55

A concellería de Urbanismo de Concello de Ares comezou estes días a execución das escaleiras de acceso á praia de Chanteiro, unha intervención que se corresponde co proxecto de acceso peonil a este areal. A actuación conta cun orzamento de máis de 33.800 euros, subvencionados pola asociación Golfo Ártabro.

A empresa Construcciones Ogando é a encargada de levar a cabo as obras, que teñen un prazo de execución dun mes. Os traballos consisten na demolición de parte das escaleiras existentes e a construción doutras de madeira en zig-zag. O tramo que se mantén de formigón será forrado de pedra, o mesmo que se fará nun muro que se atopa xunto á escaleira.

Praia de Chanteiro, Ares (foto: Concello de Ares. Anxo Fernández)
Praia de Chanteiro (foto: Anxo Fernández / Concello de Ares)