FERROL360 | Luns 4 novembro 2013 | 18:17
Logo de coñecerse que o Ministerio de Defensa ten a intención de desfacerse da titularidade da antiga estación de radio da Carreira, os nacionalistas de Narón consideran que este departamento debería cedelos gratuitamente á administración local.
Para o Bloque Nacionalista Galego «sería de xustiza» que o goberno efectuase unha cesión gratuíta por uns terreos que comparten os municipios de Narón e Valdoviño. Opinan que Defensa «non debe actuar coma unha inmobiliaria» pensando en obter beneficios económicos.
Achacan á administración central que abandonaran «á súa sorte» uns espazos que a día de hoxe requirirían unha gran inversión e acondicionamento e por este motivo esixen «transferencia ou cesión dos terreos ao concellos».