Publicidad

Ares conta cun novo centro de maiores

FERROL360 | M?rcores 27 novembro 2013 | 18:47

Os maiores de Ares te?en xa ? s?a disposici?n un novo centro social, situado no baixo do edificio do antigo Consistorio. O alcalde do municipio, Julio Iglesias, inaugurou esta tarde o local cunha merenda e un baile para os usuarios desta instalaci?n. O novo centro de maiores ser? m?is accesible para os usuarios ao atoparse nun punto na vila m?is c?ntrico ca na s?a anterior localizaci?n.

As?, o local conta cunha ampla zona de lecer con sof?s, mesas, un almac?n e dous aseos, un deles adaptado. As obras foron executadas pola empresa Construcciones y Reformas Villa Rodr?guez con cargo a un convenio de colaboraci?n entre o Concello e a Deputaci?n, que achegou 40.000 dos 52.133,60 euros adicados para esta actuaci?n.

Os traballos no antigo Concello de Ares a?nda non remataron, xa que faltan por desenvolver d?as fases m?is do proxecto para esta instalaci?n. As?, cont?mplase adaptar o primeiro andar para albergar un centro de comerciantes, mentres que o segundo andar converterase nun centro c?vico, que contar? con espazo para unha radio municipal.