Publicidad

Ares inaugura este venres o seu tradicional Belén de O Tilo

FERROL360 | Xoves 5 decembro 2013 | 12:31

Ata 70 metros cadrados e preto de 200 figuras de barro compo?en un dos Nacementos m?is grandes de toda Galicia. Un ano máis, a Asociación Cultural O Tilo de Ares reconstrúe, a base de decorados naturais e algunhas pezas móbiles, a estampa típica do Nadal arredor do portal de Belén. Este venres, ás cinco da tarde, será inaugurado polo alcalde do municipio, Julio Iglesias, e o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago.

O público poderá visitalo acudindo ao novo local da entidade situado na esquina da rúa Marí?a coa avenida Federico García Expósito. Estará aberto ata o próximo 7 de xaneiro, en horario de cinco a oito da tarde, de luns a á?bados, e de once a unha e de cinco a oito, os domingos e xornadas festivas. A entrada é de balde.

Dende a asociación ofrecen aos centros escolares a posibilidade de realizar visitas en horario de mañá. Só hai que pedir cita previa no teléfono 669 404 425.