- Este evento ha pasado.
Balteira anima o vermú do 19 de abril no CS Artábria con música tradicional
abril 19| 13:00 - 14:00

O colectivo Balteira protagonizará unha foliada en formato vermú este 19 de abril ás 13:00 horas no CS Artábria. A iniciativa, de entrada libre e con contribución voluntaria, convida o público a achegarse cun instrumento propio para participar na sesión. Ademais, haberá petiscos a prezos populares, nunha xornada pensada para celebrar a música tradicional e a participación comunitaria. O evento conta co apoio da Deputación da Coruña.
