Publicidad

A ameaza de choiva non pode coa Festa do Deporte na Rúa en Cedeira

FERROL360 | Sábado 18 xuño 2016 | 17:56

Aínda que a afluencia de xente foi intermitente ao longo de toda a mañá deste sábado por mor da ameaza de choiva, foron moitos os veciños de Cedeira que non se quixeron perder a Festa do Deporte na Rúa organizada polo Concello.

Os exteriores do pavillón polideportivo foron desde primeiras horas do día o escenario elexido para levar ás rúas distintas actividades deportivas. Así, os participantes puideron botar unha partida de bádminton e gozar dos xogos tradicionais.

O programa do domingo estará adicado á bicicleta. A xornada incluirá desde unha ruta polo paseo marítimo ata unha ‘pedalada popular’. Estas derradeiras citas serán ás 10:00 e 12:00 horas, respectivamente.