FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 11:04
Os contaxios diarios continúan por riba do medio centenar na área sanitaria de Ferrol, que rexistra un pequeno alivio na UCI. Así, este domingo o Sergas comunica 758 casos activos, 33 máis que este sábado, e contabilízanse 59 contaxios detectados nas 415 probas diagnósticas de infección activa realizadas nas últimas horas.
Desde que comezou a pandemia practicáronse un total de 159.410 probas PCR, 312 máis que o sábado; 19.029 probas de antíxenos, 93 máis que a véspera e doutros test de detección do virus realizáronse 64.335, 10 máis que a pasada xornada.
A presión hospitalaria experimenta un alivio con 13 persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Delas, 12 permanecen en planta, a mesa cifra do sábado, e unha na UCI, unha menos que a pasada xornada. Mentres, os casos non activos ou curados son un total de 8.662, 22 máis que o sábado. Xa son 218 as persoas falecidas a causa do coronavirus nas comarcas.
No mapa por municipios de novos casos detectados nas dúas últimas semanas Ferrol continúa subindo de 322 a 323 positivos, Narón tamén ascende de 114 a 123 casos e As Pontes segue á alza e pasa de 37 a 46 casos. Fene sube de 38 a 39 positivos, do mesmo xeito que Pontedeume que pasa de 25 a 26 casos e Ortigueira mantense en 23 positivos.
Cariño pasa de 18 a 22 casos, Cedeira ascende de 19 a 21 positivos e Valdoviño sube de 16 a 19 casos. Neda mantense en 17 casos, ao igual que Mugardos que se queda en 12 positivos e Ares que repite con 11. Pola súa banda, A Capela rexistra 10 casos.
No rango de entre 1 e 9 casos figuran: San Sadurniño, Cerdido, Cabanas e Mañón.
No mapa de novos casos detectados na última semana Ferrol baixa de 181 a 180 positivos e Narón pasa de 75 a 76 casos, do mesmo xeito que As Pontes que ascende de 31 a 40 positivos. Ortigueira baixa de 23 a 22 e Pontedeume mantense en 20 casos.
Mentres, Cariño pasa de 17 a 22 positivos, Cedeira sobe de 18 a 19 e Fene continúa baixando de 18 a 16 positivos. Valdoviño ascende de 13 a 16 casos e Mugardos baixa ao rango de entre 1 e 9 casos na última semana.
No rango entre 1 e 9 casos figuran: Neda, Ares, San Sadurniño, Cerdido, Cabanas, Mañón e A Capela. En Monfero, Moeche e As Somozas non se rexistrou ningún caso nos últimos 14 días.
Debate sobre el post