FERROL360 | Luns 9 de decembro de 2024 | 12:30
O 22 de novembro pasado a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, tras a visita aos arquivos do Baluarte, mantiveron a reunión que tiñan solicitada co Secretario Xeral do PS de G-PSOE, Xosé Ramón Besteiro, no Local dese Partido en Ferrol.
En dita reunión se trataron temas relativos a Memoria Histórica Democrática, como a conservación e dixitalización na nosa cidade dos Arquivos Militares e a creación do Consello Galego da Memoria Democrática. Fruto desta reunión o Grupo Socialista acaba de presentar no Parlamento Galego unha pregunta e unha proposición.
A Pregunta é se vai este goberno constituír o Consello da Memoria Democrática de Galicia como xa fixeron outras CC.AA? e a tamen fixeron dende o Grupo Parlamentario Socialista unha proposición non de lei.
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a constituír, de forma consensuada cos grupos políticos con representación parlamentaria, o Consello da Memoria Democrática de Galicia, como un órgano colexiado, permanente, de participación e de carácter técnico e consultivo, con representación plural da Comunidade, adscrito á Consellería da Presidencia (ou a aquela competente en Memoria Democrática) para o asesoramento, a información, o debate, o estudo e as propostas na defensa e promoción dos dereitos humanos, ao redor da recuperación da memoria democrática e a súa difusión e o recoñecemento institucional e social das persoas asasinadas, desaparecidas, perseguidas e represaliadas durante o Golpe militar, a Guerra e a Ditadura Franquista, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática agradecen ao PSdeG a consideración e posta en marcha da proposta.
Debate sobre el post