Publicidad

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! desprázase para actuar no Centro Galego de Alacante

O evento terá lugar o vindeiro sábado

FERROL360 | Xoves 31 de outubro de 2024 | 8:31

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! desprazarase o vindeiro fin de semana ata a Cidade de Alacante para participar no IV Concurso para conjuntos instrumentales con Gaita Gallega Ciudad de Alicante,
organizado polo Centro Galego da cidade levantina.

A Asociación participará como entidade convidada e realizará o concerto de peche do concurso como actividade complementaria ao mesmo. O concerto de apertura correrá a cargo do coñecido Gaiteiro Anxo Lorenzo, que presentará sobre as táboas do Centro Galego de Alicante o se proxecto Eoghanxo Unit.

O concurso terá lugar o vindeiro sábado 2 de novembro e nel participaran diferentes agrupacións de todo o estado que teñan como mínimo unha gaita galega dentro da súa instrumentación.