Publicidad

A asociación de veciños Valle de Esmelle denuncia o roubo de madeira nos montes da zona

FERROL360 | Martes 27 xaneiro 2015 | 12:30

A asociación de veciños Valle de Esmelle presentou un escrito no Concello de Ferrol denunciando o roubo de madeiras nos montes da zona por parte de maderistas que «non teñen autorización dos propietarios».

Desde a entidade sinales que estes feitos estanse a producir tanto en fincas privadas coma en masas comúns da cocentración parcelaria. Asimesmo, no escrito indican que esta situación xa se puxo en coñecemento da Policía Local e do Seprona.

A asociación pide ao goberno local que realice as xestións oportunas para tratar de aclarar estes roubos, así como que aumente a vixilancia na zona para evitar que esta problemática continúe no futuro.