Publicidad

A asociación Nordés organiza unhas xornadas sobre a pataca este venres e sábado

FERROL360 | Xoves 28 xaneiro 2016 | 18:54

A entidade Nordés celebra este venres e sábado unhas xornadas adicadas a un dos produtos imprescindibles en Galicia, a pataca. Nesta actividade falarase dun dos grandes problemas que sofre este tubérculo: a praga da couza. Tratarase dende a perspectiva dos labregos do século XXI, aqueles que están comprometidos coa agricultura ecolóxica.

O primeiro dos actos terá lugar este venres no salón de actos do Concello de Mañón e consistirá nunha charla informativa a cargo dos labregos Henrique Puentes e Quique Fojón. Tamén falará a técnica da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, Remedios Soto. A cita será ás 19:30 horas.

Xa este sábado realizarán unha visita ós labradíos de Quique Fojón, en Couzadoiro, para coñecer in situ de como se traballa a terra de xeito ecolóxico, sin pesticidas nin abonos químicos que contaminan e teñen un efecto letal para especies que non son nocivas para os cultivos. Será ás 11:00 horas.

A entrada á charla é libre e aqueles que desexen asistir á visita deben chamar ó teléfono: 653.756.454.