FERROL360 | Martes 3 outubro 2017 | 11:25
Cota naronesa na final do concurso ‘Quero Cantar’ da Deputación da Coruña coa banda Quenindiole. O grupo competirá na final do II certame de música infantil e xuvenil coas bandas As estrelas do rock de Ames e Os nenos da vella da Coruña.
A cita será o vindeiro 20 de outubro, ás 18.30 horas, no Teatro Colón da Coruña con entrada aberta ao público. A gala contará tamén coa participación especial dunha das bandas pioneiras da música infantil en Galicia como é Mamá Cabra.
Os tres grupos foron escollidos por alumnado de colexios públicos da provincia da Coruña entre as seis cancións que superaran a primeira fase do concurso. Cada un ten ademais asegurada a inclusión da súa canción no disco que a Deputación da Coruña tras o concurso e que será posteriormente distribuído aos centros de educación pública.
«A iniciativa naceu para que nenas e nenos se botaran a cantar en galego e acompañar o extraordinario momento da música infantil na nosa lingua», valorou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín sobre unha iniciativa que está a chegar á fase final da súa segunda edición.