Publicidad

A Biblioteca de Neda aumentará a súa oferta de libros grazas a unha achega da Xunta

FERROL360 | Mércores 11 febreiro 2015 | 14:44

Novidades, moita novela, libro en galego e exemplares para o público infantil e xuvenil marcarán as pautas dos libros que mercará o Concello de Neda grazas a unha achega da Xunta de Galicia. Esta axuda, valorada en 1.660 euros, ten como fin a adquisición de novos libros.

Exemplares que aumentarán a oferta da Biblioteca Municipal de Neda, un dos referentes culturais da comarca e un dos primeiros centros de lectura municipais. As futuras adquisicións basearanse nos gustos e peticións trasladados polos propios usuarios da biblioteca a través da iniciativa «Libros á carta», que promove o centro dende hai uns anos para coñecer as súas preferencias.

Publicidad

san valentín en dolce vita odeon

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol